Traballo tutelado |
Guía de traballos de arte e saber ver no pensamento diverxente e creativo.
Estudos creativos do debuxo e cor desde a didáctica tras a explicación en clase de pautas de realización.
Titorización da realización nas estruturas tridimensionais e nos traballos de volume creativo.
Incorporación didáctica titorizada das tecnoloxías da información e da comunicación e de todos os novos métodos informáticos aplicables na aula a este nivel.
|
Prácticum, Practicas externas e clínicas |
Estímulo ao aire libre na xeración de novas ideas e conceptos artísticos, de novas asociacións entre ideas observadas e de conceptos coñecidos, como produtores de solucións orixinais. Modelos de investigación e de creatividade intencionada nas prácticas externas. A investigación didáctica no referente á imaxinación na obra artística e a súa relación coa realidade do exterior. |
Estudo previo |
Utilizar a realización de esbozos e estudos previos como mellora da obra práctica persoal e de progreso da didáctica: descubrimento de pautas estéticas na obra de arte e da súa transmisión ao alumnado. |