Alumnado Non-Asistencial: o alumnado que non poida seguir a Avaliación Continuada (asistencia do 80% das sesións) realizará únicamente unha Proba Global consistente nun exame con 2 partes: Preguntas Curtas de contidos teóricos (50%) e un Comentario de Texto (50%) na data oficial do Exame. Segunda convocatoria: As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. O alumnado debe ser en todo momento coñecedor da normativa anti-fraude, e coñecedor de que debe ser capaz de dar conta oral dos contidos avaliados. As datas oficiais dos exames poden consultar na web da Facultade, no apartado Organización Académica. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio. |