Socioloxía: Sociedade, cultura e pensamento/O05G120V01104
Outros comentarios
1. A ensinanza a desenvolver terá un carácter basicamente aplicado e favorecerá a actitude participativa como corresponde a unha aprendizaxe que se quere operativa nas futuras actividades profesorais dos alumnos e alumnas do grao.
2. A interactividade será unha das esixencias fundamentais na planificación e desenvolvemento das actividades tanto as lectivas como as prácticas e aplicadas.
3. O espazo das mesmas poderá ser a aula ou calquera outro lugar que facilite a integración do alumnado na experiencia.
É necesario que o alumnado sexa constante no seu labor diario, tanto na súa asistencia ás clases como na entrega de materiais que o docente solicite. Debe procurarse traballar diariamente para evitar acumulación de tarefas.
Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).
O alumnado debe en todo momento valerse do seu propio esforzo, xa que só deste modo pode lograr os seus éxitos.