Na aula ofrecerase unha dirección académica dos traballos tutelados. Tamén se realizará un seguimento da evolución dos mesmos, axudando ao alumnado a solucionar as cuestións que se lle presenten.
Seminario
No horario establecido polo docente, o alumnado terá a posibilidade de solucionar cuestións académicas ben en grupo ben de xeito individual. Estas titorías realizaranse por petición do alumnado.
Presentación
O docente levará a cabo tarefas de coordinación á hora de preparar as exposicións do alumnado na aula, co fin de obter os mellores resultados. Solucionaranse cuestións técnicas e metodolóxicas.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000