Aqueles estudantes que, por causa xustificada, NON poidan ASISTIR periódicamente, deberán presentarse a unha proba escrita e a unha proba oral en francés. Estas probas versarán sobre os contidos da materia e cada un deles puntuará o 50% da nota final. O lugar de publicación das cualificacións e da revisión será no taboleiro de anuncios do despacho do profesorado responsable e/ou na Plataforma Moovi ou en calquera outro espazo dixital que se lle especifique. Se o alumno/a non o especifica durante a primeira semana de clase, enténdese que da o seu permiso para que os seus datos (nome completo) aparezan nos listados de notas, tanto en Moovi como noutro espazo. A data de revisión será a publicada pola facultade ou no seu defecto polo profesorado. Para ser calificados/as a través da avaliación continua requírese a asistencia do alumnado, ó menos, ó 80% das sesións prácticas e teóricas respetivamente. Outras situaciones excepcionais que merezan un trato específico analizaranse no seu momento. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta material para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio. As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade, no espazo DATAS EXAMES. |