Código |
Descrición |
A1 |
Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado. |
B1 |
Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da educación infantil |
B2 |
Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva |
B4 |
Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles |
B6 |
Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión |
B7 |
Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular, da televisión na primeira infancia. |
B11 |
Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela no estudantado. |
C21 |
Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do periodo 0-3 e do periodo 3-6. |
C28 |
Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas innovadoras en educación infantil. |
C29 |
Valorar a importancia do traballo en equipo |
C43 |
Favorecer as capacidades de fala e de escritura. |
C44 |
Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita. |
C46 |
Comprender o paso da oralidade á escritura e coñecer os diferentes rexistros e usos da lingua. |
C48 |
Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües. |
C49 |
Recoñecer e valorar o uso adecuado da linguaxe verbal e non verbal. |
C51 |
Adquirir formación literaria e en especial coñecer a literatura infantil. |
D1 |
Capacidade de análise e síntese |
D3 |
Comunicación oral e escrita |
D5 |
Coñecemento de informática |
D7 |
Resolución de problemas |
D9 |
Traballo en equipo |
D12 |
Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade |
D13 |
Razoamento crítico |
D15 |
Aprendizaxe autónoma |
D16 |
Adaptación a novas situacións |