Modelo A: O alumnado que asista regularmente á clase terá que presentarse obrigatoriamente ao exame e acadar como mínimo un 4, para poder sumar as notas obtidas nos traballos. Modelo B: O alumnado que non asista regularmente a clase, ademais do exame, terá que realizar un traballo oral e outro escrito, sobre as temáticas acordadas co docente. Para facer media, no exame debe acadar como mínimo un 5 e nos traballos como mínimo un 3. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo 'datas exames’. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza á Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación poderán adaptarse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de
aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol
específico na plataforma Moovi na que se informará das tarefas e probas
de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia tanto para o alumnado
do curso ponte como para profesionais en exercicio.
|