- A asistencia e participación activa durante as clases facilita a asimilación de contidos e a adquisición de competencias.
- A elaboración de apuntamentos propios e/ou anotacións persoais favorece a preparación das probas de avaliación e mellora a comprensión dos materiais facilitados.
- O seguimento do campus virtual permite manterse informado de posibles cambios (anuncios) e evita o incumprimento de datas de entrega de actividades.
Esta materia enmárcase nunha facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos
principios de sustentabilidade (ODS). |