Actividades introdutorias |
En primeira instancia, atenderanse as dúbidas xurdidas como resultado da presentación da materia
durante a primeira sesión de clase. Posteriormente, o alumnado poderá resolver calquera dúbida a
través do correo electrónico ou solicitando titoría presencial ou virtual. Cando sexa posible, a
docente responderá as dúbidas noutros espazos (aula, ximnasio ou pavillón). |
|
Traballo tutelado |
O seguimento do traballo realizarase no despacho físico da profesora no horario de titorías. Cando
non sexa posible, realizarase a través da sala virtual do profesorado (campus remoto da
Universidade de Vigo). |
|
Flipped Learning |
A atención ao alumnado realizarase principalmente cos materiais facilitados a través da plataforma
MooVi. O alumnado tamén poderá contactar para resolver dúbidas concretas por correo electrónico.
De consideralo oportuno, poderá ser atendido no despacho físico da docente ou nas salas virtuais do
profesorado (campus remoto). Neste último caso, a solicitude farase a través do correo electrónico e
atendendo ao horario de titorías preestablecido. |
|
Aprendizaxe colaborativa |
Cando un grupo de alumnos/as precise atención personalizada para a realización de calquera das
tarefas encomendadas como parte do traballo colaborativo, poderá solicitar titoría presencial (no
despacho físico da docente) ou virtual (na sala de profesorado do campus remoto da Universidade
de Vigo). A solicitude farase a través do correo electrónico e atendendo ao horario de titorías
preestablecido. |
|