Recoméndase a asistencia continua ás sesións de teoría e práctica. A asistencia considérase fundamental para o seguimento da materia por parte do alumnado.
Recoméndase que, no momento de iniciar a materia, os alumnos teñan un nivel de A2 (segundo o Marco Europeo de Linguas) en lingua inglesa.
Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS). |