A Orde ECI/3854/2007, de 27 de decembro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Mestre en Educación Infantil estipula que un aspecto das competencias que deben adquirirse por parte destes profesionais é "Ser capaz de fomentar unha primeira aproximación a unha lingua estranxeira".
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.