Para poder cursar esta materia con comodidade e aproveitamento, recoméndase que o alumnado teña, ao empezar, un nivel intermedio de competencia comunicativa en lingua inglesa.
Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS). |