Para superar esta materia o alumno deberá conseguir polo menos un 25% da nota total naqueles aspectos que NON forman parte do exame final. No que respecta a este último, o estudante deberá aprobar tanto a parte escrita como a oral. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose aprobadas, polo tanto, nese curso académico. Os alumnos que non poidan asistir a clase deberán porse en contacto coa profesora ao principio do curso para pactar con ela un plan de traballo. Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para o alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe neste documento. Ábrese un cartafol específico na plataforma Moovi no cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio. Data do exame: Consultar a web da facultade no menú Datas exames.
Os estudantes disporán de atención personalizada, tanto nas horas de titoría como nas horas de traballo en grupos máis reducidos. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) |