Os alumnos que, por razóns xustificadas, non poidan asistir periodicamente, deberán realizar unha proba escrita e outra oral en francés. Estas probas versarán sobre os contidos da materia e cada unha delas puntuará o 50% da nota final. As datas do exame final oficial que realizarán os alumnos que non asistan para superar a materia, serán as que figuran no calendario de exames da Facultade. O lugar de publicación das cualificacións e a revisión será no taboleiro de anuncios do despacho do profesor responsable e/o na plataforma Moovi ou calquera outro espazo dixital que se especifique. A data de revisión será a publicada pola facultade ou, na súa falta, polo profesorado. Se o alumno non o especifica durante a primeira semana de clase, enténdese que dá o seu permiso para que os seus datos (nome completo) aparezan nas listas de cualificacións, tanto en Moovi como en calquera outro espazo. Para ser cualificado mediante avaliación continua, o estudante deberá asistir polo menos ao 80% das sesións prácticas e teóricas respectivamente. Outras situacións excepcionais que merezan un tratamento específico serán analizadas cando sexa preciso. As partes da materia superadas en 1ª oportunidade non serán obxecto de avaliación en 2ª oportunidade, polo que se considerarán superadas nese curso académico. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza á Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender as necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). Co fin de favorecer a conciliación da formación laboral e académica, os contidos, a planificación, os recursos metodolóxicos e o sistema de avaliación dos estudantes do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento, abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na que se informará sobre as tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para os estudantes do curso ponte ou profesionais en exercicio. |