Educational guide 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Idioma estranxeiro I: Francés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor/a dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio que o/a estudante ten que desenvolver.
Seminario Actividade enfocada ao traballo sobre un tema específico, que permite afondar ou complementar os contidos da materia. Pódese empregar como complemento das clases teóricas
Aprendizaxe colaborativa Comprende un grupo de procedementos de ensino que parten da organización da clase en pequenos grupos mixtos e heteroxéneos onde o alumnado traballa de forma coordinada entre si para desenvolver tarefas académicas e afondar na súa propia aprendizaxe.

Esta materia forma parte do Proxecto de innovación docente da Facultade de Educación e Traballo social.
Presentación As exposicións dos traballos desenvolveránse ante os compañeiros de clase empregando as horas que sexan necesarias.
Gamificación A aplicación de mecánicas propias dos xogos para as súas aplicacións nos procesos de aprendizaxe nun entorno lúdico que propicia a motivación, implicación e diversión.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000