Lección maxistral |
Exposición por parte da profesora dos contidos teóricos sobre a materia, así como presentación de estratexias, experiencias e recursos didácticos. Isto tamén se levará á práctica mediante a formulación de diferentes propostas de traballo. |
Obradoiro |
Realización de actividades prácticas ao redor da literatura de transmisión oral e os novos formatos (álbum silente, álbum ilustrado, libro-obxecto...). |
Aprendizaxe colaborativa |
A partir da selección de textos literarios, procederase á súa reescritura para, posteriormente, seren dramatizados mediante o emprego de diferentes estratexias e recursos. |