AVALIACIÓN CONTINUA Para optar á avaliación continua esíxese a asistencia regular de, polo menos o 80%, das sesións de clase, traballos tutelados e titorías de grupos. Para superar a materia será necesario que os estudantes obteñan en cada proba ou actividade obxecto de avaliación como mínimo o 50% da cualificación de cada apartado. Aqueles estudantes que non superen algunha das probas de avaliación poderán recuperalas nas datas oficiais correspondentes á segunda oportunidade, no mes de Xullo, na que se avaliarán as competencias non adquiridas na primeira oportunidade. AVALIACIÓN GLOBAL Os estudantes que sigan a avaliación global (estudantes que non cumpren requisitos para a avaliación continua) deben realizar na data oficial, un exame no que se avaliarán todos os contidos teóricos da materia. O exame consistirá na resolución dun caso práctico e/ou preguntas curtas. O alumnado que vaia seguir a avaliación global deberá contactar coa persoa coordinadora da materia para informar da súa situación durante durante o primeiro mes do cuadrimestre para organizar a entrega dos traballos. As porcentaxes son as mesmas que na avaliación continua. Para superar a materia será necesario que os estudantes obteñan en cada proba ou actividade obxecto de avaliación como mínimo o 50% da cualificación de cada apartado Aquelas e aqueles estudantes que non superen a materia pola modalidade de avaliación continua ou suspendan na convocatoria anterior (maio), poderán avaliarse novamente na convocatoria de xullo, de acordo aos mesmos criterios establecidos na convocatoria anterior. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose aprobadas, por tanto, nese curso académico. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo 'datas exames' |