- Actitude proactiva de cara ao seguimento da materia, a participación na aula e a consulta de dúbidas, tanto na aula como nas titorías.
- Emprego axeitado (consulta e estudo) da bibliografía recomendada dende o inicio do curso.
- Atención á expresión tanto oral (na aula e nas presentacións) como escrita (nos traballos e no exame).
- Boa disposición para o traballo en grupo, cultivo de actitudes dialogantes e de respecto.
En xeral, recoméndase manter unha actitude de carácter profesional en relación co cumprimento dos propios obxectivos de formación, evitando a pasividade e a delegación de responsabilidades no docente. Do mesmo xeito debe tomarse a aula como un espazo de aprendizaxe compartido entre futuros/as profesionais, fuxindo de actitudes propias de idades e etapas de formación anteriores.
Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS). |