Guia docente 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Titoría e orientación coa familia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Avaliación dos traballos realizados e entregados polos alumnos/as 40 A3
A4
B4
B10
C1
C11
C13
C32
C40
D1
D2
D3
D7
D9
D12
D13
D16
D17
Resolución de problemas Resolución de exercicios ou problemas con solucións adecuadas. 30 A1
A2
B4
B10
C1
C10
C13
C24
C32
C60
D2
D3
D6
D7
D8
D9
D11
D12
D13
D17
D18
D21
Exame de preguntas obxectivas Proba tipo test con base nos contidos fundamentais da materia. 30 A1
A3
A5
B10
C1
C11
C14
C24
C60
C66
D1
D2
D6
D7
D8
D12
D13
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación que se propon é unha avaliación multicriterio, é dicir, unha avaliación que admite propostas de valoración en todas as actividades que se leven a cabo (coñecementos teóricos, prácticos, traballos, exame, etc.) permitindo unha avaliación que supoña unha valoración integral do alumno/a.

Criterios para superar a materia:

MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTINUA/ALUMNADO ASISTENTE:

- Como probas de avaliación continua, tanto presenciais como telemáticas, realizaranse sempre dentro do horario asignado ás aulas lectivas da materia. 

- Enténdese por alumnado asistente aquel que segue con regularidade as clases (mínimo un 80%). 

- Os grupos colaborativos terán os mesmos compoñentes para todas as actividades grupales e formaranse de entre o alumnado asistente en grupos de 5 alumnos/as nos grupos B, e de 3 alumnos/as nos grupos C; os membros de cada grupo deben elixir un portavoz que debe ser o único encargado/a de subir a actividade á plataforma moovi sen esquecer indicar os datos de todos os integrantes do grupo.

- Para superar a materia será preciso alcanzar como mínimo o 50% da puntuación en cada un dos dous subapartados (50% da parte práctica e 50% da parte teórica). É dicir: son criterios sumativos entre si e nunca poderán sumarse se nalgún deles non se obtén o mínimo establecido.

Parte práctica (subapartados):

30% Resolución de problemas (é necesario obter 1.5 para poder sumar un máximo de 3)

40% Traballo tutelado (é necesario obter 2 para poder sumar un máximo de 4)

Parte teórica:

30% Exame (é necesario obter 1.5 para poder sumar un máximo de 3)

MODALIDADE DE AVALIACIÓN GLOBAL/ALUMNADO NON ASISTENTE:

- A elección da modalidade de avaliación global suporá a renuncia á avaliación continua. O alumnado non asistente deberá contactar ao comezo de curso co docente da materia vía e-mail optando por una evaluación global. Aquel alumnado que non cumpra o requisito de asistencia mínima (en torno ao 80% das clases teórico-prácticas) pasará a ser considerado alumnado non asistente, optando por unha avaliación global.

- Como probas de avaliación global realizanse sempre na data oficial do exame para cada oportunidade de avaliación dentro do periodo de probas oficiais no marcado calendario académico de cada curso.

- Enténdese por alumnado non asistente aquel que non asiste con regularidade ás clases (falta máis dun 20%). 

- Este alumnado fará todos os traballos de maneira individual e a data de entrega será a mesma que para o alumnado presencial.

- A avaliación deste alumnado farase de igual maneira que a do alumnado presencial.

- Para superar a materia será preciso alcanzar como mínimo o 50% da puntuación en cada un dos subapartados (50% parte práctica e o  50% da parte teórica). É dicir: son criterios sumativos entre si e nunca poderán sumarse se nalgún deles non se alcanza o mínimo establecido.

Parte práctica (subapartados):

30% Resolución de problemas (é necesario obter 1.5 para poder sumar un máximo de 3)

40% Traballo tutelado (é necesario obter 2 para poder sumar un máximo de 4)

Parte teórica:

30% Exame (é necesario obter 1.5 para poder sumar un máximo de 3)

Segunda convocatoria:

As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. De non superar esta última convocatoria non se gardarán as puntuacións obtidas. Responde ás mesmas esixencias e probas realizadas na primeira convocatoria. 

As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da Facultade.

Outras observacións:

En coherencia co carácter inclusivo que
caracteriza a Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá
ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo
que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Coa
finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación
académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema
de avaliación adaptaranse para o alumnado do curso ponte garantindo, en
todo caso, a consecución das competencias e resultados da aprendizaxe
establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico en Moovi
que informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o
desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000