Convén certo dominio de recursos informáticos (internet, tratamento de textos, programa de presentación, ...) e adecuado uso da biblioteca (saber realizar procuras de información bibliográfica, bases de datos, etc.). Valorarase unha actitude favorable e receptiva cara á aprendizaxe
Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS). |