Lección maxistral |
Clases maxistrais dialogadas sobre temas de fundamentación teórica. As exposicións teóricas realizadas serán en modo presentación PowerPoint. Estas teñen por finalidade, presentar ao alumnado unha información organizada e estruturada en forma de cadros e esquemas de sínteses. Co fin de mellorar o valor didáctico deste método expositivo introduciranse elementos de motivación que inviten ao alumnado á participación, ao debate razoado e xeren un ambiente de aprendizaxe dinámica e aberto. Para que isto suceda, se incorporán paralelamente os seguintes recursos e estratexias didácticas: exploración das ideas ou coñecementos previos dos estudantes, proxección de materiais audiovisuais, comentarios de textos, animacións, etc.
|
Traballo tutelado |
O principal obxectivo será iniciar ao alumnado no desenvolvementoo de determinadas habilidades, capacidades e destrezas para traballar a Educación para a saúde nas aulas de Educación Infantil. |
Traballo tutelado |
O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do/s estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... |