1. Esta materia forma parte do Proxecto de innovación docente da Facutlade de Educación e Traballo social.
2. Asistir ao primeiro día de clase resultarache moi beneficioso para comprender os obxectivos xerais da materia e a súa dinámica organizativa. Na primeira sesión da materia achegarase unha visión de conxunto e anticiparanse as tarefas e actividades que serán desenvolvidas.
3. Será especialmente importante acudir ás titorías das profesoras, así como a visita frecuente á plataforma docente da nosa Universidade TEMA. Nela poderás atopar todas as actividades que deberás realizar para a túa formación e a superación desta materia.
4. Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS)
5. A túa condición de alumno/a da Universidade de Vigo, ábreche as portas a moitos recursos, ofertas e servizos. No SIOPE encontrarás toda a información sobre as posibilidades formativas, culturais e deportivas que podes encontrar na nosa Universidade. |