Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).
Esta materia forma parte do Proxecto de Innovación docente da Facultade de Educación e Traballo social. A metodoloxía seguirá as pautas da aprendizaxe cooperativa, xa que logo, participar activamente nos traballos en equipo resulta indispensable.
|