Resolución de problemas |
Nas clases prácticas corríxense os exercicios (iniciados na aula ou na casa tras o estudo da materia), e despois coméntanse as dúbidas que puidesen quedar. Cada novo exercicio recolle aspectos esencias do tema acabado de tratar e aspectos varios dos temas anteriores para propiciar unha retroalimentación da aprendizaxe. |
|
Traballo tutelado |
Elaboración dun texto escrito seguindo unha destas modalidades: o enfoque creativo do narrador-autor ou o enfoque expositivo e crítico do xornalista-ensaísta. Trátase de aprender os procedementos específicos e os procedementos comúns de ambos enfoques: como se elabora un texto, as técnicas para citar apropiadamente, de que maneira se debe proceder para transmitir unha información de forma precisa e clara, cales son as pautas axeitadas para a presentación dun traballo escrito, en que consiste a corrección lingüística, a cohesión estrutural e o uso axeitado dos signos de puntuación. |
|