Seminario |
Entrevistas que o alumnado mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe. Van encamiñadas a guiar todo o proceso de aprendizaxe proporcionando documentación, resolvendo dúbidas, orientando traballos, corrixindo propostas, etc.
|
Aprendizaxe-servizo |
O ApS (Aprendizaxe-Servizo) é unha metodoloxía de ensino e aprendizaxe grazas á cal o alumnado pon en práctica coñecementos e desenvolven habilidades e actitudes mediante un servizo á comunidade.
Combina dous elementos: aprendizaxe a través da experiencia e o servizo á comunidade.
A participación neste proxecto será voluntaria. Formará parte da avaliación da materia para quen participara no mesmo |
Aprendizaxe colaborativa |
Comprende un grupo de procedementos de ensino que parten da organización da clase en pequenos grupos mixtos e heteroxéneos onde o alumnado traballa de forma coordinada entre si para desenvolver tarefas académicas e afondar na súa
propia aprendizaxe.
Esta materia forma parte do Proxecto de innovación docente da Facultade de Educación e Traballo social |