Esta materia cumpre un
papel fundamental derivado do seu carácter instrumental e formativo:
- Ten un carácter instrumental porque traballa as competencias necesarias para o
manexo das tecnoloxías como ferramentas para a busca, o tratamento, a
organización e a representación da información. Neste senso, serve de apoio a
outras materias do plano de estudos
- Ten un carácter formativo porque ofrece unha nova visión de cómo ensinar e
cómo aprender na escola (etapa 0-6) dentro da sociedade actual.
Nesta materia terás a oportunidade de coñecer, analizar e valorar o papel
do profesorado, do alumnado e dos elementos que configuran o acto didáctico, reflexionar sobre o proceso de ensino e aprendizaxe con tecnoloxía na educación infantil. Así coñecerás, entre outras
cousas, novos recursos didácticos con base tecnolóxica, como deseñar e elaborar
propostas didácticas que integren a tecnoloxía, que metodoloxías favorecen a integración destes recursos,...
Por último, como mestra será necesario que sexas capaz de axudar aos nenos e nenas de 0-6 anos a desenvolverse neste entorno tecnolóxico pero cunha visión crítica e reflexiva, que lles permita descubrir nas tecnoloxías unha ferramenta non só para o ocio e o tempo de lecer,
senón tamén para a súa formación como parte dunha cidadanía libre e responsable.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán
solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da
materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.