Para pasar satisfactoriamente a materia recoméndase asistir ás clases. A puntuación final será a suma das puntuacións obtidas en cada unha das partes, debendo obterse a puntuación mínima de 5 para aprobar a materia. Asimesmo, é requisito ter aprobada a proba ou exame (2.5 sobre 5) para poder sumar as puntuacións do resto das probas e actividades obxecto de avaliación. O formato do exame será concretado polos profesores durante a primeira semana de clase. É probable que se programe algunha actividade en coordinación con outras materias, de xeito tal que a súa avaliación será realizada polos profesores correspondentes. De ser así, comunicarase ao alumnado no primeiro mes de clase. Aquel alumnado que por circunstancias xustificadas non poida asistir regularmente ás clases deberá comunicarllo ao profesorado durante o primeiro mes de clases. A avaliación a adoptar con este será a realización dunha proba teórica dos contidos da materia (70%) e dun traballo práctico tutelado (30%). As competencias non adquiridas na convocatoria de xaneiro (1º periodo) poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo. Neste caso, manterase a nota das probas/actividades xa superadas ata esta segunda convocatoria. Este documento é unha declaración de intencións sobre o traballo do alumnado na materia, polo que a información aquí contida ten carácter orientativo e pode sufrir lixeiras modificacións derivadas do consenso co grupo clase ou circunstancias imprevistas. As datas e lugar de celebración do exame poden consultarse na páxina web da Facultade (apartado datas exames). En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) |