O Traballo de Fin de Máster supón a realización por parte do alumno dun proxecto, memoria ou estudo, no que aplique e desenvolva os coñecementos adquiridos no seo do Máster.
O Traballo deberá estar orientado á aplicación das competencias xerais asociadas á titulación.
O Traballo de Fin de Máster será realizado de forma individual baixo a supervisión do titor asignado.
O Traballo de Fin de Máster só poderá ser avaliado unha vez que se teña constancia de que o alumno superou as avaliacións previstas nas restantes materias do Plan de Estudos e dispón, por tanto, de todos os créditos necesarios para a obtención do título de Máster, salvo os correspondentes ao propio Traballo.
Todo Traballo Fin de Máster deberá de ser unha obra orixinal, desenvolvida polo propio estudante, non admitíndose traballos meramente descritivos, que recompilen unicamente información, plaxiados ou parcialmente plaxiados.
Ao finalizar o Máster, o alumno/a deberá de presentar a memoria do devandito traballo, documento normalizado que conteña o traballo realizado, e deberá de estar capacitado para a defensa do mesmo ante a Comisión designada pola Coordinación do Máster.
O traballo fin de máster pode estar ligado ás prácticas externas realizas en entidades e organizacións deportivas se o alumno/a elixe esta alternativa.