Nesta materia exponse o modelo de organización do deporte en Europa con algúns apuntamentos sobre o marco lexislativo no que se organiza. Explicarase a súa forma de traballar a través dos niveis asociativos de primeiro e segundo nivel, os organismos supervisores do deporte e as organizacións internacionais. Exporase a forma de organizar as competicións e a necesidade de que estas sexan competidas para o seu mellor aproveitamento económico.