Materia de formación básica. Trata dos fundamentos teóricos e metodolóxicos cara o coñecemento global dos sistemas naturais, e as súas aplicación no contexto da sociedade. Integra o estudo das propiedades dos principais componentes (relevo, augas, clima, biota), as súas interaccións e configuración nas unidades biofísicas da superficie da terra.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.