En caso de circunstancias excepcionais e, segundo a instrución da Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado da Universidade de Vigo 3/2020, no caso de impartición das materias en modalidade non presencial a actividade docente impartirase mediante Campus Remoto utilizando a plataforma de teledocencia Faitic como reforzo e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos
contidos docentes.
- As sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos (tales como correo electrónico, videoconferencia, foros de FAITIC ou semellantes) baixo a modalidade de concertación previa.
- O sistema de avaliación será a través de Campus Remoto e Faitic, coa debida adaptación a estas plataformas
|