AVALIACIÓN CONTINUA: A planificación da materia supón a aplicación dun sistema de avaliación continua (asistencia mínima do 80%). Polo que a cualificación final obterase da avaliación dos traballos de aula nos Gms, a presentación dun traballo e a realización de dúas probas parciais eliminatorias ao longo do cuadrimestre. É necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 nas probas parciais para superalas e se algún exame parcial é cualificado con nota inferior a 4, poderá presentarse con ese parcial na data fixada para o exame final. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola xunta de centro para o curso presente. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na paxina web da fcetou. Segunda convocatoria: a nota correspondente aos traballos de aula e presentación conservarase durante un curso académico, convocatorias de xuño e xullo. Esta guía docente anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co estudante na materia , pode requirir reaxustes ao longo do curso académico promovidos pola dinámica da clase e do grupo de destinatarios ou pola relevancia das situacións que puidesen xurdir. Así mesmo, achegarase aos estudantes a información e pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo. Moovi será a plataforma utilizada para a difusión desta información. AVALIACIÓN NON CONTINUA Os alumnos e alumnas que non sigan avaliación continua. deberán solicitar a avaliación global no primeiro mes de docencia, realizarán un exame final teórico-practico sobre todos os contidos da materia que representará o 100% da nota. |