Convocatoria ordinaria Nesta asignatura realizarase unha avaliación continua (AC) do traballo realizado polo estudante, que será o sistema de avaliación preferente. Para superala asignatura por Avaliación Continua (AC) deben cumplirse dúas condicións: 1. Acadar alomenos un 25% da nota en cada un dos tres apartados puntuables (proba temas 1-4, proba temas 5-7, tests). 2. Obter alomenos 5 puntos na suma destes tres apartados puntuables (probas temas 1-4, probas temas 5-7, tests). A non presentación a calquera das dúas probas presenciais escritas (temas 1-4 e temas 5-7) suporá que o estudante deixa de ser avaliado en Avaliación Continua. Tamén se sairá da Avaliación Continua se non se acada alomenos un 25% da nota máxima en cada un dos tres itéms avaliables (proba temas 1-4, proba temas 5-7 , tests). A nota final por AC será a suma das notas parciais obtidas ata ese momento. Aqueles estudantes que se queden fora da AC terán a opción de presentarse á proba de Avaliacion Global na convocatoria oficial. Esta proba de Avaliación Global consistirá na realización de varios estudos de caso completos dos diferentes temas. A proba Avaliación Global suporá o 100% da cualificación e non terá en conta os puntos obtidos en AC. O estudantado pode renunciar á AC e pasarse á Avaliación Global comunicando por escrito ó coordinador da materia no seguinte prazo: do 11 de setembro ó 11 de outubro (ámbolos dous días incluídos). Convocatoria de segunda oportunidade A convocatoria de segunda oportunidade consistirá nun examen final. Este examen valerá o 100% da nota. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario das probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual |