Lección maxistral |
Para cada tema o docente presentará na aula as cuestións mais relevantes e formulará a
metodoloxía a seguir para interpretar as consecuencias e efectos prácticos da norma tributaria.
Posteriormente o alumno deberá revisar de forma autónoma os contidos expostos. |
Prácticas con apoio das TIC |
As sesións prácticas en aula informática faránse de xeito individualizado e consistirán na resolución
dun caso práctico empregando as aplicacións informáticas da Axencia Tributaria.
Para o seu desenvolvemento os alumnos disporán previamente do enunciado do caso na
Plataforma Moovi.
|
Resolución de problemas de forma autónoma |
Cada semana, despois da sesión maxistral, abriráse un formulario práctico dixital (de resposta
curta ou test) na Plataforma Moovi, relativo aos contidos desenvoltos na sesión maxistral e na
práctica.
Trátase de actividades que posibilitan o seguimento e avaliación do alumnado, que deberá
responder nos prazos sinalados. |