Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Réxime fiscal da empresa II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Probas avaliación: En Avaliación Continua (AC) ó remate dos temas 1-4 e dos temas 5-7 do
programa da
materia, realizaránse dúas probas presenciais nas que
proporáse un caso
que o alumnado deberá resolver de xeito individual
que permitirá avaliar
o seu nivel de coñecementos e capacidade de
argumentación e
xustificación das decisións adoptadas.
A proba relativa ao temas 1-4 puntuaráse cun máximo de 3
puntos (30%) e a
relativa aos temas 5-7 cun máximo de 4 puntos (40%)
70 A2
B1
B9
C8
C16
D1
Resolución de problemas de forma autónoma En AC avaliarase e puntuarase a resolución dos test
propostos despois de
cada tema.
En AC este apartado de traballo persoal puntuaráse
sobre un máximo
global de 3 puntos (30%).
30 A2
B10
B13
C8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Convocatoria ordinaria

Nesta asignatura realizarase unha avaliación continua  (AC) do traballo realizado polo estudante, que será o sistema de avaliación

preferente.

Para superala asignatura por Avaliación Continua (AC) deben cumplirse dúas condicións:

1. Acadar alomenos un 25% da nota en cada un dos tres apartados puntuables (proba temas 1-4, proba temas 5-7, tests).

2. Obter alomenos 5 puntos na suma destes tres apartados puntuables (probas temas 1-4, probas temas 5-7, tests).

A non presentación a calquera das dúas probas presenciais escritas (temas 1-4 e temas 5-7) suporá que o estudante deixa de ser

avaliado en Avaliación Continua. Tamén se sairá da Avaliación Continua se non se acada alomenos un 25% da nota máxima

en cada un dos tres itéms avaliables (proba temas 1-4, proba temas 5-7 , tests).

A nota final por AC será a suma das notas parciais obtidas ata ese momento. Aqueles estudantes que se queden fora da AC terán a opción de presentarse á proba de Avaliacion Global na convocatoria oficial. Esta proba de Avaliación Global consistirá na realización de varios estudos de caso completos dos diferentes temas. A proba Avaliación Global suporá o 100% da cualificación e non terá en conta os puntos obtidos en AC.

O estudantado pode renunciar á AC e pasarse á Avaliación Global comunicando por escrito ó coordinador da materia no seguinte prazo: do 11 de setembro ó 11 de outubro (ámbolos dous días incluídos).

Convocatoria de segunda oportunidade

A convocatoria de segunda oportunidade consistirá nun examen final. Este examen valerá o 100% da nota.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario das probas de

avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000