Exame de preguntas de desenvolvemento |
Proba escrita que inclúe preguntas abertas e breves sobre os
contidos da materia. Esta proba realizarase na data oficial do
exame. |
30 |
|
B1 B5 B13
|
C6
|
D3
|
O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de Avaliación Continua (AC) ou, alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación preferente é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á calificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa se tiveran realizado. AVALIACION CONTINUA (AC) - Faranse varios exercicios e casos ligados às aulas. Ningunha das probas ou actividades que compoñen as distintas tarefas da AC van supor por si mesmas máis do 40% da cualificación final da materia.
- A nota final do curso (para primeira oportunidade) será a suma da nota obtida nas probas de avaliación realizadas ao longo do cuadrimestre (cunha ponderación do 60% sobre o total), e da nota obtida nunha última proba que coincidirá coas datas da AG (cunha ponderación do 40% do total).
- A nota final do curso (de ter que ir á segunda oportunidade) será a suma da nota obtida nas probas de avaliación realizadas ao longo do cuadrimestre (cunha ponderación do 60% sobre o total), e da nota obtida nunha última proba que coincidirá coas datas da AG de segunda oportunidade (cunha ponderación do 40% do total).
- Para superar a materia será necesario obter unha puntuación mínima de cinco puntos, sendo condición imprescindibel obter como mínimo un 50% da puntuación do último exame da avaliación.
AVALIACIÓN GLOBAL(AG) - Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado con un exame final que suporá o 100% da calificación. Tanto na convocatoria ordinaria como na extraordinaria, nesta proba haberá dúas partes, unha de contidos teóricos (5 puntos), e outra de contidos prácticos (5 puntos). Para medir as habilidades de comunicación do estudante, pode establecerse que unha ou as duas probas sexan realizadas de forma oral.
- Para superar a materia será necesario obter unha puntuación mínima de cinco puntos, sendo condición imprescindibel ter un mínimo do 45% da puntuación en cada unha das dúas partes da proba final
NON PRESENTADO - Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como “Non Presentado”.
FIN DE CARREIRA - Na convocatoria de Fin de carreira, o exame é o 100% da calificación. Haberá dúas partes, unha de contidos teóricos (5 puntos), e outra de contidos prácticos (5 puntos).
- Para medir as habilidades de comunicación do estudante, pode establecerse que unha ou as duas probas sexan realizadas de forma oral.
- Para superar a materia será necesario obter unha puntuación mínima de cinco puntos, sendo condición imprescindibel ter un mínimo do 45% da puntuación en cada unha das dúas partes da proba final
ADENDA - A data e hora dos exames pode ser consultada na web da facultade no apartado de organización docente. Exames | Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo (uvigo.es)
- Recomendase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado | Secretaría Online Universidade de Vigo (uvigo.gal)
- Esta guía docente anticipa as líneas de actuación que se deben llevar a cabo co estudiante da materia e concibense de forma flexibel. En consecuencia, pode ser necesario realizar axustes ao longo del curso académico promovidos pola dinámica da clase e do grupo de destinatarios real, ou pola relevancia das situacions que pudesen xurdir. Asimesmo, aportaráse ao estudantado a información e pautas e o 100% da calificación concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo.
- O alumnado poderá renunciar á avaliación contínua, informando ao coordinador por correo electrónico, dentro do período establecido pola faculdade.
|