-Esta guía docente anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co alumnado na materia e concíbese flexible, en consecuencia, pode requirir axustes ao longo do curso académico promovidos pola dinámica da clase e do grupo de destinatarios real ou pola relevancia das situacións que puidesen xurdir. Así mesmo, achégaselle ao alumnado a información e pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo.
-As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán as aprobadas pola Xunta de Centro para cada curso e poden ser consultadas na páxina web da Facultade (htpps://fcetou.uvigo.es/gl/). No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.
-A materia de valoración de activos tamén se imparte no PCEO de ADE-Informática (3º curso-2º cuadrimestre) e no PCEO ADE-Dereito (4º curso-2º cuadrimestre).
|