A Avaliación Continua (A.C.) será a considerada por defecto e levarase a cabo mediante a realización dun conxunto de probas na aula que se especificarán a continuación. O alumnado pode elixir alternativamente a Avaliación Global (A.G.), para cambiar a este tipo de avaliación o prazo estipulado polo centro será do 11 de setembro ao 11 de outubro de 2023. O método de avaliación exposto no apartado anterior desta guía, denominado con `Avaliación´, é para a A.C. AVALIACIÓN CONTINUA (A.C.): constará das seguintes probas: 1) Unha primeira proba con exercicios prácticos, valor 3 puntos (*). 2) Unha segunda proba práctica a solucionar nunha aula informática en folla de cálculo Excel no último GP da materia, valor 1 punto (*). 3) Unha terceira proba con exercicios prácticos, valor 3 puntos (*). 4) Un test de preguntas obxectivas teórico-práctico sobre todos os temas da materia que se realizará na data do exame final oficial de xaneiro, valor 3 puntos. Non se require nota mínima nas probas descritas. Considérase superada a materia en A.C. se o alumnado alcanza 5 puntos dos 10 totais que valen as distintas probas anteriormente especificadas. En caso contrario, a nota na acta de xaneiro sería de suspenso (NP no seu caso). A nota obtida nas tres probas de A.C. realizadas entre setembro e decembro gárdanse para a convocatoria de xullo (probas sinaladas con (*)). A especificación do contido temático das probas de A.C. e as datas das mesmas incluiranse no cronograma das probas de A.C. que será publicado na web do centro. As tres primeiras probas detalladas e sinaladas con (*) son de asistencia obrigatoria en A.C.; o alumnado que non se presente a estas tres probas nas datas previstas no cronograma das materias publicado na web do centro, implica que deixa de seguir a A.C. Por tanto, no momento que deixe de asistir a algunha das probas de A.C. obrigatorias xa non podería seguir presentándose ao resto das probas pendentes de celebrarse. O que si podería este alumnado, se así o considera, é presentarse á proba de `Avaliación Global (A.G.) de carácter final´, exame de avaliación sobre a totalidade da materia que leva a cabo nas datas das convocatorias oficiais de xaneiro/xullo aprobadas pola Xunta de Centro e publicadas na páxina web da FCETOU (exame de 10 puntos sobre a totalidade da materia). Por outra banda, permítese ao alumnado renunciar á nota obtida durante o cuadrimestre na A.C. (nota total das tres probas realizadas entre setembro e decembro) e presentarse á proba de `Avaliación Global (A.G.) de carácter final´ que, sobre a totalidade da materia (exame de 10 puntos) se leva a cabo na data da convocatoria oficial de xaneiro aprobada pola Xunta de Centro e publicada na páxina web da FCETOU. A nota para considerar na acta da convocatoria de xaneiro para o alumnado que se acolla a esta última opción será sempre a desta última proba. Se o alumnado non superase este exame de 10 puntos na convocatoria de xaneiro poderá volver presentarse na convocatoria oficial de xullo a un novo exame na mesma modalidade (é dicir, A.G., exame a 10 puntos sobre a totalidade da materia). AVALIACIÓN GLOBAL (A.G.) de carácater final: nas datas das convocatorias oficiais de xaneiro e xullo aprobadas pola Xunta de Centro e publicadas na páxina web da FCETOU, aquel alumnado que non seguiu a A.C., que elixiu no prazo estipulado polo centro a A.G. ou que como xa se comentou decidise renunciar á nota que obtivo nas tres probas A.C., poderá realizar un exame sobre toda a materia (100% da materia, de valor 10 puntos). Este exame conterá unha parte cun test de preguntas obxectivas teórico-prácticas sobre todos os temas da materia (3 puntos) e outra parte con exercicios prácticos (7 puntos). Algúns ou todos estes exercicios prácticos desta segunda parte poderá pedirse que se desenvolvan/solucionen a través de folla de cálculo Excel nunha aula informática (informarase respecto diso ao alumnado a través da plataforma de teledocencia Moovi). CONVOCATORIA DE FIN DE CARRERA: a proba desta convocatoria supoñerá o 100% da cualificación, valor 10 puntos e cuxo formato será similar ao proposto para a proba de `A.G. de carácter final´ xa descrita. Outras apreciacións: -As especificidades da materia serán desenvolvidas e publicadas na plataforma de teledocencia Moovi. Neste sentido, todos os comentarios realizados anteriormente sobre a avaliación da materia estarán detallados e colgados de forma permanente nun documento na plataforma de teledocencia Moovi para que o alumnado teña acceso aos mesmos de forma rápida, sinxela e directa durante o curso. -As diferenzas entre sistemas de avaliación e metodoloxías entre os distintos centros que imparten o Grao en Administración e Dirección de Empresas na Universidade de Vigo, xustifícanse pola necesaria adaptación na medición da consecución dos mesmos resultados de aprendizaxe e adquisición de iguais competencias ás diferentes organizacións docentes de cada centro, especialmente en canto ao tipo de grupos, e número medio de alumnado por grupo.
|