Exame de preguntas obxectivas |
Exporanse cuestións relacionadas co temario da materia que serán resoltas en exames presenciais na aula. Ningun deles valerá máis do 40% da nota final. |
70 |
A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B5 B6 B8 B10 B13
|
C2 C9 C16
|
D1
|
A)
ALUMNOS QUE OPTEN POR AVALIACIÓN CONTINUA: Nas convocatorias de xuño e xullo, a
nota final da materia resultará da suma ponderada da nota obtida nas diferentes
probas e actividades de avaliación continua, que suporá un 60% da nota final
(até 6 puntos) e a nota obtida nun exame final escrito, que valerá o 40%
restante da nota final (até 4 puntos). A avaliacion continua inclúe a
asistencia tanto ás clases teóricas como ás clases prácticas, a entrega de
follas de exercicios e a nota das probas que se realizan ao longo do curso. En
consecuencia, os criterios para calcular a nota final serán os seguintes: A)
Até 5 puntos polas notas das probas realizadas na avaliación continua ao longo
do curso; B) Até 1 punto pola asistencia ás clases teóricas e prácticas; C) Até
4 puntos pola nota do exame final escrito, que terá lugar na data oficial
establecida no calendario de exames. Por defecto os alumnos serán
adscritos a avaliacián continua, podendo renunciar a ela por escrito
según o plazo establecido polo Decanato. B)
ALUMNOS QUE NON OPTEN POR AVALIACIÓN CONTINUA: Nas convocatorias de xuño e
xullo, a nota final da materia resultará da suma da nota obtida nun exame final
escrito (que coincidirá co que realicen os alumnos que opten por avaliación
continua), que valerá o 40% da nota final (até 4 puntos), e a nota dun exame
oral, que valerá o 60% restante da nota final (até 6 puntos). Para aprobar a
materia será preciso obter unha nota no exame final escrito igual ou superior a
5 puntos sobre 10. En consecuencia, os criterios para calcular a nota final
serán os seguintes: A) Até 4 puntos pola nota do exame final escrito, que terá
lugar na data oficial establecida no calendario de exames; B)Até 6 puntos pola
nota do exame oral, que tamén terá lugar na data oficial establecida no
calendario de exames. |