Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Capacidade de análise e síntese |
B3 |
Habilidades relacionadas co uso de aplicacións informáticas utilizadas na xestión empresarial |
B5 |
Habilidades de comunicación oral e escrita |
B9 |
Capacidade de actuación eficaz dentro dun equipo de traballo |
B10 |
Emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas de empresas e mercados |
B13 |
Capacidade de aprendizaxe e traballo autónomo |
B14 |
Capacidade de aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos nun contexto académico especializado |
C4 |
Posuír e comprender coñecementos sobre o marco económico que regula as actividades empresariais, e a correspondente normativa |
C6 |
Posuír e comprender coñecementos sobre os distintos procesos, procedementos e prácticas de xestión empresarial |
C7 |
Posuír e comprender coñecementos sobre as principais técnicas instrumentais aplicadas ao ámbito empresarial |
C10 |
Valorar, a partir dos rexistros relevantes de información, a situación e previsible evolución dunha empresa |
C12 |
Solucionar de maneira eficaz problemas e tomar decisións utilizando métodos cuantitativos e cualitativos apropiados, incluíndo entre eles a identificación, formulación e solución dos problemas empresariais |
C16 |
Habilidades na procura, identificación e interpretación de fontes de información económica relevante |
D3 |
Responsabilidade e capacidade para asumir compromisos |
D4 |
Compromiso ético no traballo |
D5 |
Motivación pola calidade e mellora continua |