- Para a 1ª edición das actas (xaneiro) haberá dúas formas alternativas de avaliación: Opción A: A AVALIACIÓN CONTINUA que se acaba de expoñer no cadro anterior, que é o sistema preferente de avaliación. Entenderase que o alumno se acolle á avaliación continua se NON comunica (por email ou Moovi) ao profesor coordinador da materia, no prazo establecido, que desexa mudar ao sistema de avaliación global. O prazo para comunicalo vai do 11 de setembro ata ó 11 de outubro. Anunciarase a principio de curso un cronograma donde aparecen as datas das distintas probas de avaliación continua. O alumno que se acolla á avaliación continua terá a obriga de colocar unha fotografía tipo carné en Moovi antes da primeira proba de avaliación. Todos os alumnos deben acceder regularmente á plataforma de teledocencia para estar así ao corrente das novedades que se produzan. Opción B: Avaliación Global. O estudante que comunicase no modo e plazo mencionados que NON se acolle ao sistema de avaliación continua, será avaliado mediante a realización dun exame final do 100% da nota na data oficialmente establecida no calendario académico. Para a opción B da edición de xaneiro, tanto as competencias avaliadas coma os resultados de formación e aprendizaxe serán os mesmos que para a opción A da edición de xaneiro. - Para a 2ª edición das actas (xullo) haberá tamén dúas formas de avaliación: Opción A: O estudante que se acollera ao sistema de avaliación continua poderá conservar as notas dos seguintes dous bloques de probas realizadas para a primeira edición: o Bloque 1, que abrangue a proba de resolución de problemas e a proba de laboratorio (e suman o 50% da nota); e o Bloque 2, que abrangue as probas de preguntas obxectivas (e suman o 50% da nota). Poderá subir nota nos seguintes bloques: Bloque 1: proba de resolución de exercicios e/ou supostos (50% da nota); e Bloque 2: proba de preguntas obxectivas (50% da nota). Opción B: Avaliación Global. O estudante que NON se acollese ao sistema de avaliación continua, será avaliado mediante a realización dun exame final do 100% da nota na data oficialmente establecida no calendario académico. Para a edición de xullo, tanto as competencias avaliadas coma os resultados de formación e aprendizaxe serán os mesmos que para a edición de xaneiro. - Para a convocatoria Fin de Carreira: a avaliación consistirá na realización dun exame do 100% da nota na data oficialmente establecida no calendario académico. Para la convocatoria Fin de Carreira, tanto as competencias avaliadas coma os resultados de formación e aprendizaxe serán os mesmos que para a edición de xaneiro. É necesario traer o DNI ou documento análogo cando teña lugar a realización dos exames e probas. O incumprimento deste requisito pode ter como consecuencia que ó alumno non se lle permita realiza-lo exame ou proba en cuestión. As titorias serán concertadas co profesor a través do correo electrónico ou Moovi. |