Primeira convocatoria (xaneiro) Alternativa a) Se realizarán catro probas de avaliación continua ao longo do curso con datas que figuran no cronograma da materia pubricadas na web da facultade. Proba 1: Proba de dous temas (test+ casos + resolucion de problemas e/ou exercicios) : 28,6% Proba 2: Proba de dous temas (test +casos + resolución de problemas e/ou exercicios): 28,6% Proba 3: Proba de dous temas (test +casos + resolución de problemas e/ou exercicios): 28,6% Proba 4 : Proba de un tema (test + casos + resolución de problemas e/ou exercicios): 14,2 Superaráse a materia a condición de que a media ponderada dos resultados de todas as probas e actividades avaliables efectuadas ao longo do período lectivo sexa maior ou igual a 5 puntos sobre 10. Non se integrarán na calificación os resultados das probas e actividades avaliables que non cheguen ao 5. As probas son non recuperables. Alternativa b) Avaliación global, Só para os estudantes que explicitamente informaron antes do 11 de outubro de que abandonan a avaliación continua. Exame
global dos contidos da materia. A cualificación do exame será o 100% da nota
final. Segunda convocatoria (xullo): Exame global dos contidos da materia no mes de xullo. A cualificación do
exame será o 100% da nota. Esta guía docente anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co alumnado na materia e concíbese
de forma flexible. En consecuencia, pódense requirir reaxustes ao longo do
curso académico promovidos pola dinámica da clase e/ou do grupo de
destinatarios real ou pola relevancia das situacións que puidesen xurdir. Proporcionarase ao alumnado a información e as pautas concretas que sexan
necesarias en cada momento do proceso formativo. Observación: Calquera evidencia de traballos e
probas plaxiados ou copiados suporá unha calificación de suspenso nas dúas
convocatorias. IMPORTANTE: As datas e horarios das
probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no
calendario de probas de evaluación aprobado pola Xunta de Centro para o
curso actual. No entanto, o calendario poderá ser modificado ao longo
do curso por algún imprevisto. Consulten a páxina web da facultade por si se produciran cambios no mesmo. Ante conflitos nas datas publicadas en diversos
medios, prevalecerá a existente na páxina web da facultade.
|