O alumnado poderá elixir ser
avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente
optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a
AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido
polo centro. A escolla de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose
mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida até ese
momento en calquera das probas que xa tiveran lugar. SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA (AC) METODOLOXÍA/PROBA 1: Resolución de problemas. Descrición: Ao longo do curso formularanse varios
problemas/exercicios/análise de casos/tests. A nota global será a media
aritmética simple de todas as cualificacións obtidas. Se un/ha alumno/a non
realiza algunha actividade das propostas, asignaráselle unha nota de 0 nesa
actividade. % de cualificación: 30% --------------------------------------------------
-------------------------- METODOLOXÍA/PROBA 2: Preguntas de desenvolvemento. Descrición: Ao longo do curso formularanse varios problemas/exercicios/análise de casos/tests. A nota global será a media aritmética simple de todas as cualificacións obtidas. Se un/ha alumno/a non realiza algunha actividade das propostas, asignaráselle unha nota de 0 nesa actividade. % de cualificación: 10% -------------------------------------------------- -------------------------- METODOLOXÍA/PROBA 3: Exame preguntas obxectivas. Descrición: Aproximadamente na metade do cuadrimestre, realizarase
un exame, co fin de avaliar a adquisición e comprensión dos conceptos e
procesos esenciais relativos aos temas impartidos até ese momento. % de cualificación: 30% % mínimo: Para a liberación desta parte da materia, o alumnado
deberá:
- Obter unha cualificación de 5 sobre 10 no conxunto do exame.
- Obter unha cualificación de 4 sobre 10 en cada tema.
--------------------------------------------------
-------------------------- METODOLOXÍA/PROBA 4: Exame preguntas obxectivas. Descrición: A final de curso, na data oficial do exame da materia,
realizarase un novo exame, co fin de avaliar a adquisición e comprensión dos
conceptos e procesos esenciais relativos aos temas impartidos na segunda metade
do cuadrimestre e non avaliados na Proba 2. % de cualificación: 30% % mínimo: Para a liberación desta parte da materia, o
alumnado deberá:
- Obter unha cualificación de 5 sobre 10 no conxunto do exame.
- Obter unha cualificación de 4 sobre 10 en cada tema.
--------------------------------------------------
-------------------------- Aclaracións sobre a avaliación
continua: No caso de que algún alumno/a non
supere o/s exame/s das Probas 1 e/ou 2 na primeira oportunidade (1ª edición de
actas):
- Poderá recuperar o/s exame/s suspenso/s na data oficial establecida
para a 2ª edición de actas.
- O alumnado que se atope nesa situación tería unha cualificación de
suspenso na primeira oportunidade (1ª edición da acta). A nota numérica
que lle aparecería en actas na primeira oportunidade sería a
correspondente á media ponderada das diferentes probas de avaliación, e en
caso de que a media dese aprobado, apareceríalle unha cualificación de
4,9.
SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL (AG) PRIMEIRA PARTE DA PROBA: Exame tipo test. Descrición: Proba obxectiva que valorará a adquisición e
comprensión dos conceptos e procesos esenciais da materia.
% cualificación: 30% % mínimo: Para a liberación desta parte da materia, o/a
estudante deberá obter unha nota igual ou superior a 7 puntos (sobre 10). --------------------------------------------------
-------------------------- SEGUNDA PARTE DA PROBA: Exame de cuestións teórico-prácticas. Descrición: Proba que incluirá avaliación de conceptos teóricos e
resolución de exercicios.
% cualificación: 70% --------------------------------------------------
-------------------------- Aclaracións sobre a
avaliación global: O
estudantado que siga o sistema de avaliación global deberá obter polo menos un
7 sobre 10 no exame de preguntas test (primeira parte da proba). A nota
numérica que figuraría na acta para o alumnado que non acade esta nota mínima,
sería a nota obtida nesa proba, cando fose inferior a 4,9. Se esa nota fose
igual ou superior a 4,9, aparecería unha nota de 4,9. OBSERVACIÓNS GLOBAIS
Os estudantes que non participen na
AC nin na AG, figurarán nas actas como “non presentados”.
Recoméndase ao alumnado ter en
conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos) do Regulamento sobre a
avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe
do estudantado
(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa)
As datas e horas das probas de AG
(de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de
probas de avaliación aprobadas pola Xunta de Facultade para o curso en vigor.
En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as
publicadas na web da facultade, http://fcetou.uvigo.es CONSULTA/ SOLICITUDE DE TITORÍAS
As titorías pódense consultar a
través da páxina persoal do profesorado, accesible a través de
https://fcetou.uvigo.es |