- Primeira oportunidade: Haberá dúas posibilidades de avaliación: Opción Avaliación Continua: publicarase ao principio do cuadrimestre un cronograma coas datas das distintas probas de avaliación continua. Será obrigatorio incluír unha fotografía tipo carné en Moovi antes da primeira proba de avaliación, e acceder regularmente á plataforma de teledocencia para estar ao corrente das novidades que se produzan. Ponderación de cada proba na avaliación continua: - Exame de Preguntas de Desenvolvemento: entre o 20% e o 50%. - Resolución de problemas e/ou exercicios: entre o 20% e o 50%. Opción Avaliación Global: mediante un exame teórico-práctico que valerá o 100% da nota. Datas para mudar de avaliación continua a global: do 21 de xaneiro a 21 de febreiro.
Segunda oportunidade: mediante un exame teórico-práctico que valerá o 100% da nota. Convocatoria Fin de Carreira: mediante un exame teórico-práctico que valerá o 100% da nota. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario das probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual É necesario traer o DNI ou documento análogo cando teña lugar a realización dos exames. O incumprimento deste requisito pode ter como consecuencia que a/o estudante non realice o exame en cuestión. |