Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Economía: Economía española e mundial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento realizaranse un mínimo de 2 probas 50 B1
B2
B8
B9
B14
C2
Resolución de problemas e/ou exercicios realizaranse un mínimo de 2 probas 50 B1
B8
B9
B13
B14
C16
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Primeira oportunidade:

Haberá dúas posibilidades de avaliación:

Opción Avaliación Continua: publicarase ao principio do cuadrimestre un cronograma coas datas das distintas probas de avaliación continua. Será obrigatorio incluír unha fotografía tipo carné en Moovi antes da primeira proba de avaliación, e acceder regularmente á plataforma de teledocencia para estar ao corrente das novidades que se produzan.

Ponderación de cada proba na avaliación continua:

- Exame de Preguntas de Desenvolvemento: entre o 20% e o 50%.

- Resolución de problemas e/ou exercicios: entre o 20% e o 50%.

Opción Avaliación Global: mediante un exame teórico-práctico que valerá o 100% da nota.

Datas para mudar de avaliación continua a global: do 21 de xaneiro a 21 de febreiro.


Segunda oportunidade: mediante un exame teórico-práctico que valerá o 100% da nota.

Convocatoria Fin de Carreira: mediante un exame teórico-práctico que valerá o 100% da nota.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario das probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual

É necesario traer o DNI ou documento análogo cando teña lugar a realización dos exames. O incumprimento deste requisito pode ter como consecuencia que a/o estudante non realice o exame en cuestión.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000