- Esta guía docente anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co alumno na materia e se concibe de forma flexible. En consecuencia, pode requirir reaxustes ao longo do ano académico promovidos pola dinámica da clase e do grupo de destinatarios real ou pola relevancia das situacións que puideran xurdir. Así mesmo, aportaráselle ao alumnado a información e pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo.
- Mecanismo non presencial de atención do alumnado (titorías): en todas as modalidades, presenciais ou non presenciais, as sesións de titoría realizaranse por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia) baixo a modalidade de acordo previo. |