Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Economía: Microeconomía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Faranse controis ao longo do curso e faranse cuestionarios en liña ao rematar cada tema da materia (0.5 puntos). Segundo a memoria da titulación atópase entre o rango inferior do 20% e o rango superior do 50% 20 B1
B2
B5
B6
B8
B10
B13
C2
C16
D1
Resolución de problemas e/ou exercicios Faranse dúas probas escritas que valerán cada unha 4 puntos. Segundo a memoria da titulación atópase entre o rango inferior do 50% e o rango superior do 80%. 80 B1
B2
B5
B6
B8
B13
C2
C16
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 O estudante será avaliado mediante o sistema de

Avaliación Continua

· Entenderase que o alumno renuncia á avaliación continua si:

- Sacase unha nota inferior a 2 puntos sobre 10 nalgún dos controis,
- Obtivese unha nota inferior a 3.75 sobre 10 nunha das probas escritas na Resolución de Problemas e/ou Exercicios,
- Non fixese unha proba ou control sen causa xustificada,
- Tamén se entenderá que renuncia á avaliación continua si, de forma reiterada, non entrega os boletíns ou non realiza os cuestionarios online (ou saca nalgún deles unha nota negativa). A renuncia da avaliación continua implica a imposibilidade de facer o exame parcial.

O estudante pode opta por unha Avaliación Global na que é avaliado mediante un exame final que lle permita alcanzar o 100% da nota máxima (avaliación global). Si decide esta última opción, ser avaliado só polo exame final, deberá comunicalo por escrito ao coordinador antes da data indicada por Decanato. O exame final constará de dous partes: a primeira corresponderase cos temas da primeira proba escrita da evaluación continua, e a segunda cos restantes temas do programa. Cada parte valorarase sobre 5 puntos. É condición necesaria obter como mínimo 3.75 puntos en cada parte para facer a media aritmética simple das cualificacións alcanzadas en cada parte. 

Para aprobar a materia será preciso obter unha nota final igual ou superior a cinco puntos sobre dez.

As datas e horarios das probas de avaliación continua serán anunciadas en clase, por Moovi e por email con polo menos unha semana de antelación. O exame final das diferentes convocatorias son as especificadas en e calendario de probas de avaliación aprobada pola Xunta de Centro para o curso actual. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da facultade.

Na convocatoria extraordinaria de Segunda Oportunidade e na convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o 100% da avaliación.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000