Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
B1 |
Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais. |
B3 |
Ser capaz de utilizar os principios e valores constitucionais como ferramenta de traballo da interpretación do dereito e desenvolver dialéctica xurídica |
B4 |
Ser capaz de identificar problemas xurídicos e abordar a súa solución de modo interdisciplinar |
C63 |
CEI 16 - Coñecer de forma sistemática contidos propios do Dereito de Defensa da Competencia relacionados co Dereito Administrativo manexando fontes positivas, xurisprudenciais e doutrinais e identificar os contidos propios do Dereito de Defensa da Competencia relacionados co Dereito Mercantil manexando fontes positivas, xurisprudenciais e doutrinais. |
C64 |
CEI 17 - Ser capaces de entender correctamente os documentos que integran un expediente administrativo de defensa da competencia e de actuar conforme a Dereito nun procedemento, tanto desde da posición da Administración como desde a da persoa interesada, así como de identificar as situacións de restrición da competencia no mercado, de solucionalas segundo a normativa aplicable e de previr situacións que atenten contra o dereito á libre competencia. |
D1 |
Capacidade de análise e síntese para a elaboración e defensa de argumentos, así como, organización, planificación e utilización do tempo ante situacións de presión. |
D2 |
Uso de linguas estranxeiras nas actividades das diferentes materias. |
D5 |
Ser capaz de resolver problemas e interpretar datos derivados da realidade en relación co seu significado e relacionalos coas distintas ramas do ordenamento xurídico. |