CRITERIOS AVALIACIÓN 1ª EDICIÓN DE ACTAS
1.- Conforme establece o Regulamento de Avaliación da Universidade de Vigo (aprobado polo Claustro do 18 de abril de 2023), o/a alumno/a deberá manifestar a súa intención de non acollerse ao sistema de avaliación continua consonte o procedemento e na data establecidos polos órganos competentes do Centro. Para ese efecto, na Facultade de Dereito, unha vez transcorrido un mes desde o comezo do cuadrimestre, abrirase un prazo de 10 días hábiles para que o alumnado matriculado manifeste, de forma fidedigna, a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua. 2.- O/a alumno/a que se acolla ao sistema de avaliación continua será avaliado/a conforme aos seguintes criterios: proba final de tipo test (30%), presentación dun tema sobre a materia (30%) e participación activa e de calidade (40%), nos que se avaliarán todas as competencias da materia.
3.- Para as/os alumnas/os que NON se sometan ao sistema de avaliación continua, a proba final escrita de resposta curta representará o 100% da súa cualificación, e nela avaliaranse todas as competencias da materia.
4.- Os resultados da aprendizaxe tanto para o alumnado que se somete a avaliación continua como para o que non o fai serán os mesmos: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do Dereito tributario da Unión Europea e internacional.
CRITERIOS AVALIACIÓN 2ª EDICIÓN DE ACTAS
1.- Na segunda edición de actas, tanto os alumnos que se someteron a sistema de avaliación continua, como os que non o fixeron, realizarán unha proba escrita, de resposta curta, que representará o 100% da cualificación das/os alumnas/os que concorran ao devandito exame, e nela avaliaranse todas as competencias da materia.
2.- Os resultados da aprendizaxe tanto para o alumnado que se somete a avaliación continua como para o que non o fai serán os mesmos: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do Dereito tributario da Unión Europea e internacional.
CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA
O exame de fin de carreira consistirá nunha proba escrita, de resposta curta, que representará o 100% da cualificación das/os alumnas/os que concorran ao devandito exame, e nela avaliaranse todas as competencias da materia.
Os resultados da aprendizaxe serán: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do Dereito tributario da Unión Europea e internacional.
As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación, aprobado pola Xunta de Facultade para o presente curso académico.
As cualificacións publicaranse na plataforma MOOVI, con acceso limitado ao profesorado da materia e ao estudantado matriculado.
AS TITORÍAS DO PROFESORADO QUE IMPARTE A MATERIA PODERÁN CONSULTARSE E/O SOLICITARSE EN: http://dereito.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/ |