Guia docente 2024_25
Facultad de Derecho
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dereito tributario da Unión Europea e internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe-servizo O alumnado poderá participar voluntariamente en actividades
titorizadas de aprendizaxe-servizo.

Resultado de aprendizaxe: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do Dereito tributario da Unión Europea e internacional.
Cualificarase
conxuntamente coa observación sistemática.
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
C67
C68
D1
D3
D4
D5
Exame de preguntas obxectivas O alumnado que participe no sistema de avaliación continua será avaliado mediante unha proba final tipo test (30%).

Resultado de aprendizaxe: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do Dereito tributario da Unión Europea e internacional.
30 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
C67
C68
D1
D3
D4
D5
Presentación Presentación, exposición e debate en clase dun traballo individual sobre un tema concreto da materia.

Resultado de aprendizaxe: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do Dereito tributario da Unión Europea e internacional.
30 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
C67
C68
D1
D3
D4
D5
Observación sistemática Asistencia regular e participación activa e de calidade en clase. Tamén se valorará, no seu caso, a asistencia a outras posibles actividades organizadas pola área de Dereito Financeiro e Tributario.

Resultado de aprendizaxe: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do Dereito tributario da Unión Europea e internacional.
40 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
C67
C68
D1
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
CRITERIOS AVALIACIÓN 1ª EDICIÓN DE ACTAS

1.- Conforme establece o Regulamento de Avaliación da Universidade de Vigo (aprobado polo Claustro do 18 de abril de 2023), o/a alumno/a deberá manifestar a súa intención de non acollerse ao sistema de avaliación continua consonte o procedemento e na data establecidos polos órganos competentes do Centro. 

 Para ese efecto, na Facultade de Dereito, unha vez transcorrido un mes desde o comezo do cuadrimestre, abrirase un prazo de 10 días hábiles para que o alumnado matriculado manifeste, de forma fidedigna, a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua. 

 2.- O/a alumno/a que se acolla ao sistema de avaliación continua será avaliado/a conforme aos seguintes criterios: proba final de tipo test (30%), presentación dun tema sobre a materia (30%) e participación activa e de calidade (40%), nos que se avaliarán todas as competencias da materia.  


3.- Para as/os alumnas/os que NON se sometan ao sistema de avaliación continua, a proba final escrita de resposta curta representará o 100% da súa cualificación, e nela avaliaranse todas as competencias da materia.

4.- Os resultados da aprendizaxe tanto para o alumnado que se somete a avaliación continua como para o que non o fai serán os mesmos: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do Dereito tributario da Unión Europea e internacional.

CRITERIOS AVALIACIÓN 2ª EDICIÓN DE ACTAS

1.- Na segunda edición de actas, tanto os alumnos que se someteron a sistema de avaliación continua, como os que non o fixeron, realizarán unha proba escrita, de resposta curta, que representará o 100% da cualificación das/os alumnas/os que concorran ao devandito exame, e nela avaliaranse todas as competencias da materia.

2.- Os resultados da aprendizaxe tanto para o alumnado que se somete a avaliación continua como para o que non o fai serán os mesmos: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do Dereito tributario da Unión Europea e internacional.

CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA

O exame de fin de carreira consistirá nunha proba escrita, de resposta curta, que representará o 100% da cualificación das/os alumnas/os que concorran ao devandito exame, e nela avaliaranse todas as competencias da materia.

Os resultados da aprendizaxe serán: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do Dereito tributario da Unión Europea e internacional.


As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación, aprobado pola Xunta de Facultade para o presente curso académico. 

 As cualificacións publicaranse na plataforma MOOVI, con acceso limitado ao profesorado da materia e ao estudantado matriculado. 

AS TITORÍAS DO PROFESORADO QUE IMPARTE A MATERIA PODERÁN CONSULTARSE E/O SOLICITARSE EN: http://dereito.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000